Sellos Credencial

Sellos Credencial

sELOS

Selos do Camiño de Santiago

A historia da filatelia e o Camiño de Santiago sempre foi moi estreita. Dende o primeiro selo en 1937 dedicado a un Ano Santo ata hoxe, o Camiño protagoniza un bo número de produtos filatélicos.

O propio Camiño de Santiago conta cun selo específico, emitido en 2016. Nel pode verse a fachada principal da Catedral de Santiago recibindo aos peregrinos e a tradicional vieira.

Santiago de Compostela como meta de todos os Camiños é tamén protagonista dun selo dedicado ao Patrimonio Mundial, no que os protagonistas son o Apóstolo, a Catedral e a propia cidade.

Os selos máis recentes con temática xacobea son os pertencentes á serie sobre Os Camiños de Santiago do Norte Peninsular, unha orixinal homenaxe filatélica cos lugares máis representativos de cada un destes itinerarios que foron declarados Patrimonio Mundial da Unesco en 2015.

A serie inaugurouse co Camiño Costeiro a través dun carné acuñado co perfil da costa norte da Península, que inclúe 8 selos con puntos destacados como o mosteiro de Zenarruza, a Colexiata de Santillana del Mar, o Conventín de Valdediós ou a portada do Hostal dos Reis Católicos de Santiago.

O segundo carné está dedicado ao Camiño Primitivo, a ruta que se estende de Oviedo a Compostela. Os selos ofrecen motivos propios deste itinerario como a figura do rei Alfonso II, precursor desta ruta, as catedrais de Oviedo e de Lugo ou o cruceiro de Melide.

O terceiro está dedicado ao Camiño de Liébana, ruta que discorre por Cantabria. O carné filatélico dedicado ao Camiño de Liébana está formado tamén por oito selos, protagonizados por dúas xoias da ruta: a igrexa Santa María de los Ángeles, de San Vicente de la Barquera; e a igrexa de Santo Toribio de Liébana.

A colección dedicada ao Camiño de Santiago conta con diferentes selos onde os protagonistas son destacados personaxes xacobeos, mosteiros, igrexas e mesmo monumentos distintivos das rutas: dende a Colexiata de Santillana del Mar ao castelo templario de Ponferrada, pasando polo Hostal de San Marcos de León ou diferentes catedrais como as de León, Burgos, Oviedo ou Jaca.

Credencial Filatélica

Credencial Filatélica Correos

Os amantes dos selos e do Camiño de Santiago contan cun compañeiro de ruta moi especial: a Credencial filatélica, unha homenaxe ao carné que todo peregrino debe ir selando durante o seu Camiño a Santiago.

A Credencial filatélica inclúe 15 selos de Correos que recollen algunhas das etapas máis emblemáticas do Camiño Francés, dende Roncesvalles ata Santiago pasando por Pamplona, Burgos, León, Astorga, Ponferrada ou O Cebreiro.

A Credencial Filatélica de Correos non substitúe á Credencial expedida pola Catedral de Santiago ou as Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago para obter a Compostela. Pero si permite obter un recordo moi especial do teu Camiño.

Do mesmo xeito que a Credencial oficial, a filatélica pode selarse en Asociacións de Amigos do Camiño, parroquias…. e nas Oficinas Postais repartidas ao longo do Camiño Francés.

Ademais, nas Oficinas de Correos das localidades que protagonizan un selo da Credencial filatélica dispoñemos de cuños turísticos que representan a gran riqueza arquitectónica destes lugares. O primeiro destes cuños atoparalo na oficina de Burguete (a 2,5 km de Roncesvalles).

Ao chegar a Santiago achégate á nosa Consigna na Oficina na Rúa do Franco 4, a escasos 2 minutos da Catedral, alí podes estampar un último cuño especial en dúas cores xunto co selo do Camiño de Santiago certificando así a túa “peregrinación Filatélica”.

Onde conseguir a Credencial Filatélica? Podes obter a túa nestas Oficinas Postais situadas ao longo do Camiño Francés, nas oficinas de Bilbao e San Sebastián e nas oficinas da estación de Chamartín en Madrid e da Terminal 1 do aeroporto de Barajas.

Credencial e estoxo
15€ (IVE incl.)

Tarxeta do Camiño Portugués

Tarxeta Camiño Portugues

O Camiño Portugués conta coa Tarxeta do Camiño Portugués, un percorrido filatélico polas diferentes etapas da ruta entre Tui e Santiago de Compostela.

A Tarxeta do Camiño Portugués consta dunha postal que marca o itinerario xacobeo coas súas correspondentes etapas e sete selos cos elementos distintivos de cada localidade: Tui, O Porriño, Redondela, Pontevedra, Caldas de Reis, Padrón e Santiago de Compostela.

O peregrino poderá ir certificando o seu percorrido polos diferentes pobos da ruta portuguesa ao seu paso por Galicia á vez que descobre os atractivos de cada unha delas: a Ponte Internacional de Tui; o edificio do Concello de O Porriño, obra do arquitecto Antonio Palacios; a fermosa vista da ría de Vigo e a illa de San Simón dende Redondela; a igrexa da Peregrina de Pontevedra; a ponte de Bermaña de Caldas de Reis, o Pedrón de Padrón e a Porta Santa da Catedral de Santiago de Compostela.

A Tarxeta do Camiño Portugués complétase co lanzamento duns cuños turísticos especiais que marcan as localidades de inicio e final de etapa coas pegadas que deixa o camiñante ao seu paso.

Do mesmo xeito que a Credencial Filatélica, esta Tarxeta do Camiño Portugués non substitúe en ningún momento á Credencial do peregrino, senón que supón un bonito recordo para o peregrino e un artigo de colección para o amante da filatelia.

Cuños turísticos do Camiño

En moitas das 150 oficinas que Correos ten ao longo das diferentes rutas do Camiño de Santiago dispoñemos de cuños turísticos que representan a gran riqueza arquitectónica, artística e natural destes lugares.

Entra en calquera oficina de Correos que vaias atopando ao longo do teu Camiño de Santiago para que selemos a túa Credencial.

Aquí deixámosche una galería cos principais cuños turísticos do Camiño que poderás atopar nas nosas oficinas:

Matasellos turístico SantiagoMatasellos turístico RoncesvallesMatasellos turístico JacaMatasellos turístico monasterio JacaMatasellos turístico SangüesaMatasellos turístico Iruña-PamplonaMatasellos turístico Puente la Reina-GaresMatasellos turístico Estela-LizarraMatasellos turístico LogroñoMatasellos turístico Santo Domingo de la CalzadaMatasellos turístico NájeraMatasellos turístico BurgosMatasellos turístico catedral BurgosMatasellos-turístico-Carrión-de-los-CondesMatasellos turístico LeónMatasellos turístico Villafranca del BierzoMatasellos turístico AstorgaMatasellos turístico SarriaMatasellos turístico ArzuaMatasellos turístico GernikaMatasellos turístico BilbaoMatasellos turístico PortugaleteMatasellos turístico LaredoMatasellos turístico SantanderMatasellos turístico LlanesMatasellos turístico VillaviciosaMatasellos turístico GijónMatasellos turístico AvilesMatasellos turístico LuarcaMatasellos turístico catedral TuiMatasellos turístico TuiMatasellos turístico PorriñoMatasellos turístico RedondelaMatasellos oficina postal PontevedraMatasellos turístico PontevedraMatasellos turístico Caldas de ReisMatasellos turísticos PadrónMatasellos turístico Cangas de OnísMatasellos turístico OviedoMatasellos turístico Alfonso II OviedoMatasellos turístico TineoMatasellos turístico MieresMatasellos turístico FonsagradaMatasellos turístico Puerta de Santiago LugoMatasellos turístico LugoMatasellos turístico OurenseMatasellos turístico Fisterra