Envio de bastons

Envio de bastons

Envio bastones en el Camino de Santiago

Realizamos o envío do bordón ou bastón do peregrino

Enviamos o teu bordón de peregrino, bastóns de sendeirismo ou paus de trekking onde ti queiras.

O bordón ou bastón de peregrino é un dos grandes símbolos do Camiño de Santiago. Ademais de ser un dos elementos da indumentaria do peregrino, o vínculo emocional que se establece co bordón é indubidable. Acompáñanos durante toda a Ruta, converténdose nun amigo inseparable ao que custa deixar.

En Correos somos conscientes desta unión entre o peregrino e o seu bordón. Por iso, ao finalizar o teu Camiño de Santiago podes achegarte a unha das nosas oficinas de Santiago (Rúa do Franco, 4 e Rúa Carretas, 27) ou á de Fisterra (Rúa A Coruña, s/n) e enviar o teu bastón a calquera punto de España ou a outros destinos internacionais

Recorda que se viaxas en avión, o bastón ou bordón non pode viaxar na cabina, polo que terás que facturalo ou envialo previamente. 

Desde calquera oficina de Correos tamén poderás realizar o envío dos teus bastóns. Dispoñemos de caixas trapezoidais da Línea Bosques adaptadas o teu bastón de sendeirismo ou ao teu bordón.

Con estes embalaxes, fabricados con materiais respectuosos co medio natural e neutros en carbono, facilitarémosche o envío dos bastóns ao tempo que contribuimos a un Camiño sostible. 

Pregunta polo prezo na túa oficina, xa que varía segundo o tamaño e o peso.