Envío bicicleta

Enviamos a túa bici
ao rematar o Camiño de Santiago

Cando chegues a Santiago, enviamos a túa bici á oficina de Correos que escollas

Cando chegues a Santiago, enviamos a túa bici á oficina de Correos que escollas

Resumen del envío

Nº de Bicicletas:
Data de envío:
bici
Orixe
Santiago de Compostela
Destino

Cobertura incluida
Envía lo que necesites donde lo necesites. Tus paquetes con Correos estarán seguros.
  • Incluido: cobertura básica de hasta 300 €
  • Cobertura frente a pérdida o daños durante el transporte

Ampliación de cobertura (opcional)
Si el valor real del contenido supera los 300 €, puede ampliar la cobertura de tus bicis hasta un máximo de 6000 €
300 € 6.000 €
Se recomienda ampliar la cobertura cuando el valor del contenido supere el importe incluido
Coste del envío
Ampliación de cobertura

Total
Resumen de tu envío
Orixe
Destino
Tipo en envío
Peso: Hasta kg
Tamaño: xxcm

Condicións do Servizo e Protección de Datos

Dacordo coa nosa Política de Protección de datos, gustaríanos solicitar o seu consentimento para as seguintes actividades.

Ofertas e promocións; Transferencia de datos a empresas do grupo e terceiras empresas para envíos comerciais; Perfil con fontes externas

Ofertas e promocións de empresas do Grupo e de terceiras empresas
Perfilado con fontes externas
Envío bicicleta

Transporte de bicicletas desde Santiago de Compostela

Vas facer o Camiño de Santiago en bici? Deixa xa reservado o transporte da túa bici desde Santiago.

Co Paq Bicicleta podes contratar online o transporte da túa bicicleta desde Santiago a calquera oficina de Correos de España. Cando chegues a Santiago tras finalizar o teu Camiño estaremos esperándote coa embalaxe preparada para ti.

Só tes que indicarnos data e lugar de destino. O día que chegues a Santiago tars finalizar o teu Camiño tan só terás que achegarte á oficina de Correos (Rúa do Franco, 4), a 2 minutos a pé da Catedral, e embalar a túa bici.

O traslado da bicicleta faise cum embalaxe adaptado -170cm de longo, 30cm de ancho e 90cm de alto- para que non teñas que desmontala e conta cun seguro de 300 euros ampliable e un número de seguemento para que saibas en todo momento onde está.

Sinxelo, cómodo e sen preocupacións. Reserva xa o teu Paq Bicicleta online!

Transporte de bicicletas a calquera punto do Camiño de Santiago

Se queres enviar a túa bici ao punto onde vaias empezar o teu Camiño achégate a calquera das nosas oficinas para solicitar o Paq Bicicleta. Na oficina facilitaranche a nosa embalaxe especial (150x30x90) para que poidas empaquetala e facer o teu envío, que irá cun código que che permitirá facer o seguimento do paquete a través da nosa web www.correos.es.

Pódela mandar á oficina de Correos da localidade onde vaias comezar o Camiño (nós gardarémoscha alí gratuitamente ata 15 días) e se o teu Camiño empeza en Roncesvalles enviámoscha á oficina de Burguete (Calle San Nicolas, 30), a 3km de Roncesvalles.

Para asegurarte de que o envío chega a tempo, recomendámosche que envíes a túa bici con tres ou catro días hábiles de antelación. 

Se xa fixeches o Camiño e necesitas transportar a bici de volta desde Santiago ou desde a localidade onde decidas finalizar o Camiño, busca a oficina postal máis próxima e desde alí enviarémola de volta.

 


Tarifas

Todas as tarifas inclúen:

Embalaxe especial (170x30x90)
Seguro de 300€ que podes ampliar ata 6.000€ se prefires.

Envíos peninsulares
PAQ BICICLETA
50,95€ (IVA incl.)
Envíos a
Baleares
73€ (IVA incl.)
Envíos a
Canarias, Ceuta e Melilla
97,10€ (IVA incl.)

Información de interese sobre o Camiño de Santiago en bicicleta

A diferencia de a pé, onde se precisan 100 quilómetros de marcha para conseguir a Compostela, se realizas o Camiño de Santiago en bici terás que realizar un mínimo de 200 quilómetros. Durante ese tramo deberás obter dous selos diarios na túa Credencial que certifiquen o teu percorrido.

Na rede de albergues públicos, adoita dárselle prioridade aos peregrinos que fan o Camiño a é ata as oito da tarde, hora na que a preferencia pasa a ser a mesma. A rede privada de albergues do Camiño, hostais ou hoteis permite facer reservas sen distincións.

Ademais da lista de imprescindibles para calquera peregrino, se vas en bici precisas un equipamento específico:

- Casco. - Culotte/Maillot/Chaquetilla adecuados á época do ano. - Calzado apropiado para os pedais. - Alforxas e impermeable para cubrilas. - Luz e reflectantes para a bicicleta. - Bombín, parches e pequenas herramientas.

É aconsellable pedalear o máis lixeiro de peso posible, para evitar caídas e facilitar subidas e baixadas. Recorda que se prefires non levar peso nas alforxas podes enviar unha maleta ou mochila de albergue en albergue con nós. Se as levas, pon o peso equilibrado. Adoita ser práctico tamén levar unha bolsa no manillar que che permita levar a Credencial e outra documentación máis a man.

Para iniciar o Camiño de Santiago na etapa que desexes, sen preocuparte de como viaxar coa bici ou facturala, Correos transpórtacha nunha embalaxe especial dende a túa cidade ata o punto de partida que indiques. O mesmo para cando chegues a Santiago de Compostela, Fisterra ou o punto onde decidises finalizar o teu Camiño. Enviáoscha de volta embalada e asegurada.

Se vas comezar o teu Camiño de Santiago en Roncesvalles, enviámosche a túa bicicleta á oficiña de Correos de Burguete (Rúa San Nicolás, 30), situada a apenas tres quilómetros de Roncesvalles. O horario desta oficina é de luns a venres de 8:00 a 9:30 horas.

Cando chegues a Santiago, se queres disfrutar da cidade sen bicicleta, tes dúas opcións, enviala ese mesmo día de volta ou ben deixar a biciclera na nosa Consigna en Correos. Ambas cousas poden facerse dende a Oficina de Correos da Rúa do Franco, 4, a dous minutos da Catedral.

Si, o Paq Bicicleta inclúe, ademáis do envío e a caixa, un seguro de 300€. Este seguro é ampliable ata 6.000€. Estas son as tarifas para envíos peninsulares: Seguro de 500€, Custo: 50,45€ | Seguro de 1.000€, Custo: 57,95€ | Seguro de 3.000€, Custo: 87,95€ | Seguro de 6.000€, Custo: 132,95€. Para o resto de envíos, consulta a ampliación de seguro na túa oficina de Correos máis próxima.

Non. A Credencial é a mesma para todos os peregrinos, realicen o Camiño a pé, en bicicleta ou a cabalo. Recorda que podes conseguila na Oficina de Atención ao Peregrino de Santiago, a través de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago e noutros puntos de distribución como parroquias, obispados, etc.

Nas principais cidades e vilas poderás atopar talleres onde arranxar a túa bici. Iso si, ten en conta que hai algunhas vilas onde apenas hai establecementos. Non sobra que leves algunha ferramenta básica contigo.

Hai moitos albergues e hostales que teñen un lugar específico para deixar a bici. Pregunta antes de reservar para asegurarte. Cando pares a descansar ou comer, aínda que non sexa habitual, ten coidado con posibles robos e intenta non perdela de vista comendo nunha terraza ou preto dunha fiestra.

Nas diferentes rutas do Camiño de Santiago, o que está fixado de maneira oficial son as poboacións polas que pasa o recorrido. As etapas son orientativas, e nalgúns tramos o traxecto para as bicis desvíase pola estrada, ao ser terreo complicado para os neumáticos. Así que debes organizar as túas etapas á carta en función da túa forma física, os días dos que dispoñas ou os lugares que queiras visitar máis a fondo. Ir en bici permite desprazarse de forma máis factible a vilas ou monumentos que queden fóra do recorrido.

Aínda que a media dos quilómetros nos ciclistas está entre os 50 e 60 por día, ten en conta que hai perfiles de etapa máis duros ca outros e que o Camiño non e unha carreira de fondo, xa que o importante é disfrutar da experiencia.