Envío maletas

Envío maletas

Envío maletas no Camiño de Santiago

Envío de maletas, mochilas e equipaxes no Camiño de Santiago

En Correos realizamos o envío de mochilas, maletas e equipaxes no Camiño de Santiago co Paq Peregrino.

Este servizo permite enviar maletas e paquetes á oficina de Correos de Santiago de Compostela ou a calquera oficina de Correos do Camiño, con opción de recollida no aloxamento se o contratas online. Gardámolo ata 30 días para que camiñes sen preocupacións.

O peregrino que queira levar consigo as súas cousas sen cargar coa mochila ten a súa disposición o Paq Mochila, servizo de transporte diario de equipaxe de etapa en etapa.

Envía a túa maleta ou paquete desde un aloxamento do Camiño

Queres enviar unha maleta ou paquete a algún punto do Camiño de Santiago pero non podes ir a unha oficina de Correos? Podes contratar o Paq Peregrino online con recollida en calquera aloxamento do Camiño de Santiago, na túa casa ou onde ti queiras. Un carteiro pasará a recollelo e o enviará directamente a Santiago de Compostela ou á oficina de Correos que ti decidas. 

E se quero envialo directamente a miña casa ao finalizar o Camiño? Coa opción de contratación online tamén é posible.


Contratación online do envío de paquetes e maletas no Camiño de Santiago

Contratación online con recollida onde queiras

Queres enviar unha maleta a Santiago para dispoñer dela ao finalizar o Camiño? Sobran cousas da túa mochila e queres desfacerte delas? Fixeches compras durante o teu Camiño e non queres cargalas no teu equipaxe? Contrata un Paq Peregrino e envía a túa maleta ou paquete á oficina de Correos de Santiago:

Oficina Principal de Correos de Santiago
Rúa do Franco, 4
15702 Santiago de Compostela

Ao rematar o teu Camiño poderás recoller a túa maleta na oficina que Correos ao carón da Catedral de Santiago (Rúa do Franco, 4).

Ao facer o envío, escolle o tempo de almacenaxe que precises. Gardámola ata 30 días para que poidas facer o Camiño tranquilamente e sen preocupacións.

Contratación online. Recorda que podes dirixirte a calquera das máis de 2.400 oficinas que Correos ten en España e enviar un Paq Peregrino ou contratar contratar o Paq Peregrino de forma online. Selecciona o punto desde onde queres facer o envío e deixar o teu Paq Peregrino reservado, pagado e listo para enviar.


Prezos

Maletas ou paquetes ata 15 kg
20.95€ (IVE incl.)
Con almacenaxe gratuíto de 15 días
Maletas ou paquetes ata 25 kg
31.40€ (IVA incl.)
Con almacenaxe gratuíto de 15 días
Maletas ou paquetes ata 15 kg con almacenaxe de 30 días
28,95 € (IVE incl.)
Maletas ou paquetes ata 15 kg con almacenaxe de 45 días
35,95 € (IVE incl.)
Maletas ou paquetes ata 25 kg con almacenaxe de 30 días
39,40 € (IVE incl.)
Maletas ou paquetes ata 25 kg con almacenaxe de 45 días
46,40 € (IVE incl.)

Cómo enviar maletas, paquetes e equipaxes antes, durante e despois do Camiño de Santiago

Co Paq Peregrino podes enviar a túa equipaxe ao lugar onde empeces o teu Camiño de Santiago. Así non terás que viaxar con el, aforrando problemas de loxística ou de facturación. O envío podes facelo desde calquera oficina postal de España á oficina de Correos onde vaias iniciar a túa Ruta. Gardámola o tempo que precises ata 45 días.

O Paq Peregrino tamén pode resultar moi útil durante o teu Camiño para evitar cargar con cousas que non precisas. Así, podes enviar un paquete peregrino coa roupa ou os enseres que sobran na túa mochila ou con alguna compra que quieras facer. O paquete podes envíalo de volta a túa localidade ou a calquera oficina de Correos do Camiño para recollelo a túa chegada.

Ao chegar a Santiago ou á meta do teu Camiño tamén poderás usar o Paq Peregrino para enviar a túa mochila ou maleta de volta con Correos. Poderás viaxar sen cargar con ela e aforrarte posibles custos de facturación.

En cualquera oficina de Correos podes mercar embalaxes e realizar envíos de paquetes internacionais. Nas oficinas poderás elixir o tipo de paquete con prazo e características de entrega que más se axuste ás túas necesidades.