Co Paq Mochila Directo de Correos enviamos directamente a túa mochila ou maleta desde Porto (Portugal) ata Santiago de Compostela.
Recollemos a túa equipaxe no albergue, hostal ou hotel que indiques en Porto e transportámola directamente a Santiago. A túa maleta estará esperándote ao finalizar o teu Camiño na Oficina de Correos de Santiago (Rúa do Franco, 4), a 2 minutos a pé da Catedral.
Non queres cargar coa túa mochila pero si ter as túas cousas ao final de cada etapa? En Correos contamos con outro servizo ideal para ti: o Paq Mochila. Está dispoñible desde Porto tanto no Camiño Portugués da Costa como no Camiño Portugués central. Con el moveremos a túa equipaxe etapa a etapa de aloxamento en aloxamento.
* O Paq Mochila Directo está dispoñible desde Porto ata o 31 de outubro de 2026.
Como funciona o Paq Mochila Directo de Porto a Santiago?
1. Contrata o teu Paq Mochila Directo. Indica no formulario de contratación o día e o aloxamento de Porto polo que Correos debe pasar a recoller a túa equipaxe.
2. Identifica a túa equipaxe. Identifica a túa maleta ou mochila coa etiqueta que recibirás no teu correo electrónico xunto á confirmación da reserva. Esta etiqueta contén os teus dados personais e os da túa reserva, o que nos axudará á hora da recollida e entrega.
3. Deixa a túa equipaxe. Deixa a túa mochila ou maleta na recepción do aloxamento ou no sitio que indiquen para iso antes das 8:00 horas.
4. Recóllea en Santiago. Ao finalizar o teu Camiño en Santiago, pasa pola Oficina Principal de Correos (Rúa do Franco, 4) e recolle a túa equipaxe. A oficina está aberta todos os días de 8:30 a 20:30 horas.
Para que serve o Paq Mochila Directo de Porto a Santiago
O envío de equipaxe directo de Porto a Santiago de Compostela é útil para:
Envíos de maletas que non se van usar durante a peregrinación. Se non precisas a túa equipaxe durante o teu Camiño Portugués, podes enviala a Santiago e recollela na Oficina Principal de Correos a túa chegada.
Evitar cargar con cousas que non precisas durante o teu Camiño Portugués. Envía un Paq Mochila Directo coa roupa ou os enseres que sobran na túa mochila ou con algunha compra que queiras facer. Así evitarás pesos innecesarios e poderás recollelo ao chegar a Santiago.
Esqueceches algo no teu albergue de Porto? Contrata o Paq Mochila Directo e recíbeo directamente ao finalizar o teu Camiño en Santiago.
Tarifas 2026
(Porto-Santiago)