Servizos de Correos para o Camiño de Santiago
O Camiño de Santiago está cheo de vivencias inesquecibles e momentos que converten cada etapa nalgo único. Sabémolo porque carteiros e peregrinos levamos centos de anos compartindo os mesmos camiños. En Correos queremos que goces da experiencia e que contes connosco para calquera necesidade que poidas atopar antes, durante ou despois do Camiño.
Envíos desde Porto
Envía a túa maleta desde o teu aloxamento en Porto e recóllea na oficina de Correos de Santiago.
Consigna Santiago
Deixa a túa mochila, bici ou bastón na consigna de Correos, a 2 minutos a pé do Obradoiro.
Tarxeta Correos Prepago
Carga o diñeiro que necesites, retira efectivo en caixeiros ou realiza compras de forma segura no Camiño de Santiago.
Envío de bastóns
Enviamos o teu bastón de peregrino, bastóns de sendeirismo ou paus de trekking a onde ti queiras.
Desde calquera das máis de 2.000 oficinas de Correos, podes enviar a túa mochila, maleta ou mesmo a túa bicicleta á oficina de Correos onde comezarás o teu Camiño e recollela cando che veña mellor ao chegar.
Ademais, se planeas camiñar polo Camiño Portugués, tamén podes usar Paq Mochila Directo para enviar as túas maletas directamente desde Porto hasta Santiago de Compostela e camiñar con total liberdade ao longo de toda a ruta.
Podes envialo contratando o Paq Peregrino. Con el, podes deixar os teus equipaxes no albergue no que estear descansando e os nosos ruteiros o recollerán para trasladalo directamente á túa oficina de Correos de preferencia.
Se estás facendo o Camiño Portugués, lembra que temos dispoñible o Paq Mochila Directo para que piodas enviar as túas equipaxes directamente desde Oporto a Santiago de Compostela.
A recomendación máis frecuente á hora de facer o Camiño de Sntiago e levar a mochila o máis lixeira posible, só co imprescindible. Desde Correos contamos un servizo de transporte de mochilas, o Paq Mochila, para que poidas camiñar lixeiro, mais sen renunciar a levar os teus imprescindibles.
Se todavía non tes a maleta feita visita a nosa tenda para peregrinos. Aí atoparás todo tipo de produtos (camisetas técnicas, maillots de ciclismo, fundas para mochilas, botellas de auga, etc.) para que estés ben preparado para o teu Camiño de Santiago.
Antes de iniciar a túa peregrinación, podes enviar unha maleta á oficina de Correos na vila onde planeas rematar o Camiño. Gárdaa a salvo ata que chegues, para que poidas recollela cando che veña ben e continúes as túas vacacións con todo o que precises.
Non se permite entrar na catedral con mochilas. Podes deixalas na nosa consigna de equipaxe na Rúa do Franco, 4 (a 150 metros da catedral) para que poidas gozar da cidade sen carga. Tamén podemos coidar da túa bicicleta ou do teu bastón.
Co noso servizo Paq Mochila, transportaremos a túa mochila, maleta ou equipaxe de etapa en etapa, para que poidas gozar do Camiño de Santiago con total comodidade e sen ter que levar ningún peso.





