
Tarxeta monedeiro para o Camiño de Santiago
A Tarxeta Correos Prepago Mastercard para o peregrino é a solución as túas dúbidas sobre que facer cos cartos durante o tu Camiño de Santiago.
Ao non estar vencellada a unha conta bancaria, é unha opción cómoda e segura para pagar en establecementos físicos e en liña, así como retirar efectivo cando o precises, minimizando riscos de perdas ou imprevistos.
Descárgaa de balde e paga ou retira efectivo con total tranquilidade: compras e pagamentos online 100% seguros en cada etapa do Camiño.

Como conseguir a tarxeta Correos Prepago?
Tan sinxelo como descargala gratuítamente na web ou na App Mi Correos Prepago. Terás un cartón virtual que poderás levar no teu móbil, realizar pagamentos sen contacto e recargar en liña cando queiras.
Dispoñible tanto para Android coma para iOS:
Tamén podes achegarte a unha das máis de 2.300 oficinas de Correos, onde recibirás atención persoalizada.
Ventaxes da tarxeta Correos Prepago
- Contratación 100% online. Tamén se pode contratar nas oficinas de Correos con atención persoalizada.
- Control do teu diñeiro e orzamento: Só é posible gastar os cartos previamente cargados, sen posibilidade de descuberto.
- Máis seguridade: Non é preciso levar efectivo.
- Aceptación global: A tarxeta é válida en todos os establecementos adheridos á rede Mastercard (máis de 37 millóns de comercios en todo o mundo).
- Pagamento móbil: Pódese vencellar ao Smartphone (Google Play, Apple Pay e Samsung wallet) e realizar pagamentos sen contacto.
- Sinxela adquisición: Contrata e recarga de forma rápida e sinxela desde a App Mi Correos Prepago ou en calquera oficina de Correos.
- Non precisas dun banco: Sen estar vencellada a ningunha conta bancaria tradicional.
- Rede en toda España. En máis de 2.300 oficinas para ingresar ou retirar diñeiro.
- Utilízaa despois do Camiño: Cando acabes o Camiño poderás seguir usándoa para os teus pagamentos, compras en Internet e retirada de cartos.
Condicións
A conta e tarxeta Correos Prepago son servizos que presta a entidade de diñeiro electrónico Bnext Electronic Issuer, EDE, SL con NIF B88463534 inscrita no rexistro do Banco de España co número 6717. O saldo de todos os nosos clientes está depositado nunha entidade de crédito.