Transporte mochilas

Reserva PAQ MOCHILA

Contrata o transporte da túa mochila ou maleta no Camiño de Santiago

Introduce el punto de comienzo y de fin de tu Ruta. Hecha la reserva podrás detallar todas las etapas y alojamientos. Hasta marzo de 2021, el Paq Mochila solo está disponible de Sarria a Santiago.
Puedes reservar una distancia máxima diaria de 60km. Para etapas de más km, consulta en paqmochila@correos.com.

Ofertas e paquetes completos

Como funciona?

1. Reserva A través de nuestra web o por e-mail hasta las 21:00h. de día anterior.
2. Identifica Cuelga en tu equipaje la etiqueta que te enviamos por e-mail. Si no puedes imprimirla, identifícalo con un papel con tus datos.
3. Deixa a túa equipaxe Déjalo en la recepción del alojamiento antes de las 08:00h.
4. Bo Camiño! Entregaremos tu equipaje en tu siguiente alojamiento antes de las 14:30h.

En Correos realizamos o transporte diario de mochilas, maletas ou equipaxes dun aloxamento a outro no Camiño de Santiago.

Se decides facer o Camiño sen mochila, en Correos encargámonos de transportar a túa mochila ou maleta cada día (tamén domingos e festivos), etapa a etapa, aos albergues, hostais ou hoteis que nos vaias indicando.

Como funciona o Paq Mochila?

  • Contrata o servizo. Indícanos que etapas do Camiño de Santiago vas facer e en que aloxamentos vas quedar. O servizo debe contratarse antes das 21:00 horas do día anterior ao traslado.
  • Identifica a mochila. Antes de saír a camiñar, identifica a túa equipaxe coa etiqueta que che enviamos ao realizar a reserva. Esta etiqueta contén os teus datos e os dos teus traslados, o que nos axudará a localizar a mochila e realizar correctamente o servizo.
    Se non fixeches a reserva online, deberás colocar na túa equipaxe o noso sobre Paq Mochila para que podamos identificalo. Atoparás sobres nos aloxamentos ou tamén o podes descargar aquí. Os nosos carteiros irán recollela e colocaranlle unha etiqueta co código de seguimento para continuar realizando o transporte.
  • Deixa a túa equipaxe. Tras identificar a equipaxe, déixao na recepción do aloxamento ou no lugar que che indique o hospitaleiro antes das 08:00 horas.
  • Bo Camiño! Camiña libre de cargas e goza do Camiño de Santiago. Mentres, os nosos carteiros encargaranse de levar a túa equipaxe ao seguinte aloxamento indicado, onde o deixará antes das 14:30 horas.

Como contratar o Paq Mochila?

O Paq Mochila pode reservarse a través do formulario online que podes atopar ao principio desta páxina. O proceso é moi sinxelo: só hai que cubrir os campos requiridos e facer o pagamento, con tarxeta de crédito ou PayPal.

Para a contratación online só necesitamos saber que etapa ou etapas do Camiño de Santiago vas percorrer, en que data o vas facer e cal é o teu primeiro aloxamento. A partir de aquí:

  • Se xa tes organizadas todas as túas etapas e coñeces os aloxamentos, tras facer o pagamento podes indicalas e deixar todos os traslados organizados.
  • Se aínda non sabes en que albergue, pensión, hostal ou hotel vas quedar, non pasa nada. Poderás acceder á túa reserva no momento que queiras e ir indicando os aloxamentos. Lembra que debes avisarnos antes das 21:00 horas do día anterior ao traslado.

Ao finalizar a contratación recibirás un correo electrónico con todos os datos da túa reserva e cunha clave de acceso para realizar modificacións ou detallar os aloxamentos.

Cada reserva é por vulto (mochila ou maleta) non superior a 15 kg e para traxectos inferiores a 60 km/día.

Ofertas, descontos e consulta de tarifas

No formulario online desta web podes elixir entre os traxectos máis populares do Camiño de Santiago, deseñar o teu propio e consultar a túa tarifa.

  • Prezo especial se contratas cinco ou máis etapas: tanto se elixes un dos nosos Paqs coma se reservas un percorrido de cinco ou máis etapas poderás beneficiarte dun desconto de 1 € por etapa.
  • Oferta dende Roncesvalles e Irún: Se contratas o Camiño Francés dende Roncesvalles ata Santiago ou o Camiño do Norte de Irún a Santiago obterás un 10 % de desconto.

Preguntas frecuentes

O Paq Mochila funciona no Camiño Francés desde Roncesvalles; no Camiño Portugués, desde Tui; no Camiño Portugués da Costa, desde A Guarda; no Camiño Primitivo, desde Oviedo; no Camiño do Norte, desde Irún; no Camiño Inglés, desde Ferrol; no Camiño Sanabrés, desde Ourense; e no Camiño a Fisterra e Muxía.

As reservas do Paq Mochila poden pagarse con cartón ou Paypal, transferencia bancaria ou acudindo a calquera oficina de Correos.

* Para facilitar o pagamento e cumprir coas recomendacións anti Covid-19, a partir do 1 de xaneiro de 2021 non se aceptarán pagamentos en efectivo, a excepción dos realizados nunha oficina de Correos.

Si. Desde Semana Santa ata o 31 de outubro o servizo está operativo de luns a domingo, días festivos incluídos.

No Camiño de Inverno e no Camiño Francés por Aragón só se presta servizo de luns a venres. Para outras datas podes consultarnos en paqmochila@correos.com.

Á hora de contratar o servizo só é obrigatorio que nos indiques o aloxamento do primeiro día. Podes detallar o resto de etapas e aloxamentos cando os teñas reservados ou mesmo día a día, sempre antes das 21:00 horas do día anterior á recollida da equipaxe.

Si, é posible contratar o Paq Mochila sexa cal sexa o tipo de aloxamento que elixises: hotel, hostal, pensión, apartamento, casa rural…. Só hai unha condición: que o establecemento dispoña de recepción para facilitar a recollida e recepción da equipaxe.

En caso de que o aloxamento elixido non dispoña de recepción podes buscar un punto de recollida/entrega alternativa e comunicalo a través do correo electrónico paqmochila@correos.es.

Os Albergues Públicos da Xunta non permiten recoller nin entregar mochilas. Podes buscar un lugar alternativo para a recollida/entrega ou consultarnos en paqmochila@correos.com.

Si, podes facer calquera cambio entrando no apartado ‘Modificar a miña reserva’ co código que che enviamos ao correo electrónico ao facer a contratación. As modificacións tes que facelas antes das 21:00 horas do día anterior ao traslado.

O peso máximo da equipaxe é de 15 kg. Se a túa equipaxe pesa máis, terías que contratar o traslado de dúas equipaxes.

Para calquera incidencia que xurda no Camiño, podes contactar connosco no correo electrónico paqmochila@correos.com

Se non podes iniciar o Camiño e queres cancelar a túa reserva, avísanos enviando un correo electrónico a paqmochila@correos.com. Se cancelas antes das 21:00 horas do día anterior á reserva, devolverémosche o diñeiro.

Se tes calquera outra dúbida podes poñerche en contacto connosco no correo electrónico paqmochila@correos.com