Ofertas e paquetes completos
Sarria
Santiago de Compostela
Tui
Santiago de Compostela
Ferrol
Santiago de Compostela
León
Santiago de Compostela
Santiago de Compostela
Muxía
Roncesvalles
Santiago de Compostela
Irún
Santiago de Compostela
Roncesvalles
Logroño
A Guarda
Santiago de Compostela
San Sebastián
Bilbao
Ourense
Santiago de Compostela
Oviedo
Santiago de Compostela
Ponferrada
Santiago de Compostela
Logroño
Burgos
Como funciona?
En Correos realizamos o transporte diario de mochilas, maletas ou equipaxes dun aloxamento a outro no Camiño de Santiago.
Se decides facer o Camiño sen mochila, en Correos encargámonos de transportar a túa mochila ou maleta cada día (tamén domingos e festivos), etapa a etapa, aos albergues, hostais ou hoteis que nos vaias indicando.
Como funciona o Paq Mochila?
- Contrata o servizo. Indícanos que etapas do Camiño de Santiago vas facer e en que aloxamentos vas quedar. O servizo debe contratarse antes das 21:00 horas do día anterior ao traslado.
- Identifica a mochila. Antes de saír a camiñar, identifica a túa equipaxe coa etiqueta que che enviamos ao realizar a reserva. Esta etiqueta contén os teus datos e os dos teus traslados, o que nos axudará a localizar a mochila e realizar correctamente o servizo.
Se non fixeches a reserva online, deberás colocar na túa equipaxe o noso sobre Paq Mochila para que podamos identificalo. Atoparás sobres nos aloxamentos ou tamén o podes descargar aquí. Os nosos carteiros irán recollela e colocaranlle unha etiqueta co código de seguimento para continuar realizando o transporte. - Deixa a túa equipaxe. Tras identificar a equipaxe, déixao na recepción do aloxamento ou no lugar que che indique o hospitaleiro antes das 08:00 horas.
- Bo Camiño! Camiña libre de cargas e goza do Camiño de Santiago. Mentres, os nosos carteiros encargaranse de levar a túa equipaxe ao seguinte aloxamento indicado, onde o deixará antes das 14:30 horas.
Como contratar o Paq Mochila?
O Paq Mochila pode reservarse a través do formulario online que podes atopar ao principio desta páxina. O proceso é moi sinxelo: só hai que cubrir os campos requiridos e facer o pagamento, con tarxeta de crédito ou PayPal.
Para a contratación online só necesitamos saber que etapa ou etapas do Camiño de Santiago vas percorrer, en que data o vas facer e cal é o teu primeiro aloxamento. A partir de aquí:
- Se xa tes organizadas todas as túas etapas e coñeces os aloxamentos, tras facer o pagamento podes indicalas e deixar todos os traslados organizados.
- Se aínda non sabes en que albergue, pensión, hostal ou hotel vas quedar, non pasa nada. Poderás acceder á túa reserva no momento que queiras e ir indicando os aloxamentos. Lembra que debes avisarnos antes das 21:00 horas do día anterior ao traslado.
Ao finalizar a contratación recibirás un correo electrónico con todos os datos da túa reserva e cunha clave de acceso para realizar modificacións ou detallar os aloxamentos.
Cada reserva é por vulto (mochila ou maleta) non superior a 15 kg e para traxectos inferiores a 60 km/día.
Ofertas, descontos e consulta de tarifas
No formulario online desta web podes elixir entre os traxectos máis populares do Camiño de Santiago, deseñar o teu propio e consultar a túa tarifa.
- Prezo especial se contratas cinco ou máis etapas: tanto se elixes un dos nosos Paqs coma se reservas un percorrido de cinco ou máis etapas poderás beneficiarte dun desconto de 1 € por etapa.
- Oferta dende Roncesvalles e Irún: Se contratas o Camiño Francés dende Roncesvalles ata Santiago ou o Camiño do Norte de Irún a Santiago obterás un 10 % de desconto.
Preguntas frecuentes
O Paq Mochila funciona no Camiño Francés desde Roncesvalles; no Camiño Portugués, desde Tui; no Camiño Portugués da Costa, desde A Guarda; no Camiño Primitivo, desde Oviedo; no Camiño do Norte, desde Irún; no Camiño Inglés, desde Ferrol; no Camiño Sanabrés, desde Ourense; e no Camiño a Fisterra e Muxía.
As reservas do Paq Mochila poden pagarse con cartón ou Paypal, transferencia bancaria ou acudindo a calquera oficina de Correos.
* Para facilitar o pagamento e cumprir coas recomendacións anti Covid-19, a partir do 1 de xaneiro de 2021 non se aceptarán pagamentos en efectivo, a excepción dos realizados nunha oficina de Correos.
Si. Desde Semana Santa ata o 31 de outubro o servizo está operativo de luns a domingo, días festivos incluídos.
No Camiño de Inverno e no Camiño Francés por Aragón só se presta servizo de luns a venres. Para outras datas podes consultarnos en paqmochila@correos.com.
Á hora de contratar o servizo só é obrigatorio que nos indiques o aloxamento do primeiro día. Podes detallar o resto de etapas e aloxamentos cando os teñas reservados ou mesmo día a día, sempre antes das 21:00 horas do día anterior á recollida da equipaxe.
Si, é posible contratar o Paq Mochila sexa cal sexa o tipo de aloxamento que elixises: hotel, hostal, pensión, apartamento, casa rural…. Só hai unha condición: que o establecemento dispoña de recepción para facilitar a recollida e recepción da equipaxe.
En caso de que o aloxamento elixido non dispoña de recepción podes buscar un punto de recollida/entrega alternativa e comunicalo a través do correo electrónico paqmochila@correos.es.
Os Albergues Públicos da Xunta non permiten recoller nin entregar mochilas. Podes buscar un lugar alternativo para a recollida/entrega ou consultarnos en paqmochila@correos.com.
Si, podes facer calquera cambio entrando no apartado ‘Modificar a miña reserva’ co código que che enviamos ao correo electrónico ao facer a contratación. As modificacións tes que facelas antes das 21:00 horas do día anterior ao traslado.
O peso máximo da equipaxe é de 15 kg. Se a túa equipaxe pesa máis, terías que contratar o traslado de dúas equipaxes.
Para calquera incidencia que xurda no Camiño, podes contactar connosco no correo electrónico paqmochila@correos.com
Se non podes iniciar o Camiño e queres cancelar a túa reserva, avísanos enviando un correo electrónico a paqmochila@correos.com. Se cancelas antes das 21:00 horas do día anterior á reserva, devolverémosche o diñeiro.
Se tes calquera outra dúbida podes poñerche en contacto connosco no correo electrónico paqmochila@correos.com