Introduce o punto de inicio e fin da túa Ruta. Feita a reserva poderás detallar todas as etapas e aloxamentos. Desde o 1 de novembro, o Paq Mochila está disponible de Sarria a Santiago.
Desde o 1 de novembro de 2022, o Paq Mochila está dispoñible no Camiño Francés de Sarria a Santiago.
A partir de Semana Santa de 2023, o Paq Mochila estará dispoñible no Camiño Francés desde Roncesvalles; no Camiño Portugués, desde Tui; no Camiño Portugués da Costa, desde A Guarda; na Variante Espiritual do Camiño Portugués; no Camiño Primitivo, desde Oviedo; no Camiño do Norte, desde Irún; no Camiño Inglés, desde Ferrol; no Camiño Sanabrés, desde Ourense; e no Camiño a Fisterra e Muxía.
O Paq Mochila tamén está disponible no Camiño Francés desde Somport e no Camiño de Inverno baixo pedido en paqmochila@correos.com.
Ofertas e Descontos
Á hora de contratar o teu Paq Mochila podes beneficiarte dos seguintes descontos:
- Oferta por máis de 5 etapas: desconto de 1€ por etapa.
- Oferta desde Roncesvalles e Irún ata Santiago: 10% de desconto.
- Descontos para grupos: 5% de desconto pola contratación de 5 ou máis mochilas.
Aquí vos deixamos algúns dos Camiños con desconto máis populares:
Sarria
Santiago de Compostela
Tui
Santiago de Compostela
Ferrol
Santiago de Compostela
Roncesvalles
Santiago de Compostela
Irún
Santiago de Compostela
León
Santiago de Compostela
Santiago de Compostela
Muxía
Como funciona?
En Correos realizamos o transporte diario de mochilas, maletas ou equipaxes dun aloxamento a outro no Camiño de Santiago.
Se decides facer o Camiño sen mochila, en Correos encargámonos de transportar a túa mochila ou maleta cada día (tamén domingos e festivos), etapa a etapa, aos albergues, hostais ou hoteis que nos vaias indicando.
Como funciona o Paq Mochila?
- Contrata o servizo. Indícanos que etapas do Camiño de Santiago vas facer e en que aloxamentos vas quedar. O servizo debe contratarse antes das 20:00 horas do día anterior ao traslado.
- Identifica a mochila. Antes de saír a camiñar, identifica a túa equipaxe coa etiqueta que che enviamos ao realizar a reserva. Esta etiqueta contén os teus datos e os dos teus traslados, o que nos axudará a localizar a mochila e realizar correctamente o servizo.
Se non fixeches a reserva online, deberás colocar na túa equipaxe o noso sobre Paq Mochila para que podamos identificalo. Atoparás sobres nos aloxamentos ou tamén o podes descargar aquí. Os nosos carteiros irán recollela e colocaranlle unha etiqueta co código de seguimento para continuar realizando o transporte. - Deixa a túa equipaxe. Tras identificar a equipaxe, déixao na recepción do aloxamento ou no lugar que che indique o hospitaleiro antes das 08:00 horas.
- Bo Camiño! Camiña libre de cargas e goza do Camiño de Santiago. Mentres, os nosos carteiros encargaranse de levar a túa equipaxe ao seguinte aloxamento indicado, onde o deixará antes das 14:30 horas.
Como contratar o Paq Mochila?
O Paq Mochila pode reservarse a través do formulario online que podes atopar ao principio desta páxina. O proceso é moi sinxelo: só hai que cubrir os campos requiridos e facer o pagamento, con tarxeta de crédito ou PayPal.
Para a contratación online só necesitamos saber que etapa ou etapas do Camiño de Santiago vas percorrer, en que data o vas facer e cal é o teu primeiro aloxamento. A partir de aquí:
- Se xa tes organizadas todas as túas etapas e coñeces os aloxamentos, tras facer o pagamento podes indicalas e deixar todos os traslados organizados.
- Se aínda non sabes en que albergue, pensión, hostal ou hotel vas quedar, non pasa nada. Poderás acceder á túa reserva no momento que queiras e ir indicando os aloxamentos. Lembra que debes avisarnos antes das 20:00 horas do día anterior ao traslado.
Ao finalizar a contratación recibirás un correo electrónico con todos os datos da túa reserva e cunha clave de acceso para realizar modificacións ou detallar os aloxamentos.
Cada reserva é por vulto (mochila ou maleta) non superior a 15 kg e para traxectos inferiores a 60 km/día.
Preguntas frecuentes
O Paq Mochila funciona do 1 de abril ata o 31 de outubro nas seguintes Rutas: Camiño Francés desde Roncesvalles; no Camiño Portugués, desde Tui; no Camiño Portugués da Costa, desde A Guarda; na Variante Espiritual do Camiño Portugués, no Camiño Primitivo, desde Oviedo; no Camiño do Norte, desde Irún; no Camiño Inglés, desde Ferrol; no Camiño Sanabrés, desde Ourense; e no Camiño a Fisterra e Muxía.
*O Paq Mochila tamén está disponible no Camiño Francés desde Somport e no Camiño de Inverno baixo pedido en paqmochila@correos.com.
Do 1 de novembro ao 31 de marzo, o Paq Mochila está dispoñible no Camiño Francés de Sarria a Santiago.
As reservas do Paq Mochila poden pagarse con cartón ou Paypal ou acudindo a calquera oficina de Correos.
* Para facilitar o pagamento e cumprir coas recomendacións anti Covid-19, a partir do 1 de xaneiro de 2021 non se aceptarán pagamentos en efectivo, a excepción dos realizados nunha oficina de Correos.
Se non tes aloxamento en Santiago, non te preocupes. Podes enviar a túa mochila á Consigna que Correos ten na súa oficina da Rúa do Franco, 4, a apenas 2 minutos a pé do Obradoiro e a Catedral de Santiago. Por ser usuario do Paq Mochila, o prezo por día é de 3€.
Si. Desde Semana Santa ata o 31 de outubro o servizo está operativo de luns a domingo, días festivos incluídos. O resto do ano está dispoñible no traxecto de Sarria a Santiago a excepción dos días 24, 25 e 31 de decembro e o 1 de xaneiro, que descansamos con motivo das festas de Nadal.
No Camiño de Inverno e no Camiño Francés por Aragón só se presta servizo de luns a venres. Para outras datas podes consultarnos en paqmochila@correos.com.
Á hora de contratar o servizo só é obrigatorio que nos indiques o aloxamento do primeiro día. Podes detallar o resto de etapas e aloxamentos cando os teñas reservados ou mesmo día a día, sempre antes das 21:00 horas do día anterior á recollida da equipaxe.
Si, é posible contratar o Paq Mochila sexa cal sexa o tipo de aloxamento que elixises: hotel, hostal, pensión, apartamento, casa rural…. Só hai unha condición: que o establecemento dispoña de recepción para facilitar a recollida e recepción da equipaxe.
En caso de que o aloxamento elixido non dispoña de recepción podes buscar un punto de recollida/entrega alternativa e comunicalo a través do correo electrónico paqmochila@correos.es.
Os Albergues Públicos da Xunta non permiten recoller nin entregar mochilas. Podes buscar un lugar alternativo para a recollida/entrega ou consultarnos en paqmochila@correos.com.
Si, sempre e cando o cambio sexa no mesmo Camiño. Podes facer calquera cambio entrando no apartado ‘Modificar a miña reserva’ co código que che enviamos ao correo electrónico ao facer a contratación. As modificacións tes que facelas antes das 20:00 horas do día anterior ao traslado.
O peso máximo da equipaxe é de 15 kg. Se a túa equipaxe pesa máis, terías que contratar o traslado de dúas equipaxes.
Para calquera incidencia que xurda no Camiño, podes contactar connosco no correo electrónico paqmochila@correos.com
Se non podes iniciar o Camiño e queres cancelar a túa reserva, avísanos enviando un correo electrónico a paqmochila@correos.com. Se cancelas antes das 20:00 horas do día anterior á reserva, devolverémosche o diñeiro.
Se tes calquera outra dúbida podes poñerche en contacto connosco no correo electrónico paqmochila@correos.com