- O teléfono comunica, como podo contactar con vós?
Podes contactar con nós enviándonos un WhatsApp ao número (+34) 683 44 00 22 ou enviándonos un correo electrónico a paqmochila@correos.com
- Teño que deixar e recoller a miña mochila nunha Oficina de Correos en cada etapa?
Non é necesario que acudas a unha Oficina de Correos para depositar a túa mochila, nós recollémoscha e deixámoscha nos establecementos que nos indiques (excepto Albergues Municipais, que o faremos en lugares próximos que che indicaremos).
- Hai servizo de transporte de mochilas as fins de semana?
Desde Semana Santa ata o 31 de outubro o servizo está operativo de luns a domingo, días festivos incluídos. Para outras datas podes consultarnos en paqmochila@correos.com.
- Teño pensado aloxarme en Albergues Públicos da Xunta, podo deixar alí a miña mochila?
Os Albergues Públicos da Xunta non permiten recoller nin entregar mochilas nos seus establecementos, polo que podes deixar e recoller a túa mochila no establecemento colaborador que che indiquemos.
- No voso formulario de reserva online non atopo o albergue no que me vou aloxar.
Neste caso envíanos un e-mail a paqmochila@correos.com e axudarémosche coa túa reserva. Pode ser o caso de que sexa un albergue público, que non permita recoller nin entregar mochilas nos seus establecementos, polo que terás que deixar e recoller a túa mochila nos establecementos colaboradores que che indiquemos.
- Teño que reservar de antemán aloxamento en todas as etapas?
Á hora de contratar o servizo só é obrigatorio que nos indiques o aloxamento do primeiro día. Non é necesario que nos indiques os aloxamentos de todas as etapas que vaias realizar, pódesnolas ir indicando día a día.
- Podo contratar o transporte da miña mochila se realizo o Camiño en bicicleta?
Podes contratar o servizo de transporte de equipaxes sempre que as etapas non superen os 90 km.
- Podo utilizar unha maleta en lugar dunha mochila?
Claro! Podes utilizar unha maleta, mochila ou bolsa de viaxe, sempre que sexa o suficientemente resistente para que soporte o transporte.
- Se a mochila excede dos 20 kg, pago polo exceso de peso?
O peso máximo da equipaxe é de 20kg. Non hai tarifa extra por exceso de peso, terías que contratar o traslado de dúas equipaxes.
- Se levo exceso de equipaxe durante o Camiño, podo mandar parte das miñas pertenzas para alixeirar a miña mochila?
Co noso Paq Peregrino podes enviar o exceso de roupa ou efectos persoais ben á Oficina de Correos da localidade onde tes pensado finalizar o teu Camiño, ao teu domicilio ou á Oficina de Correos da túa localidade.
- Que teño que facer se me xurde unha incidencia durante o Camiño?
Para calquera incidencia que che poida ocorrer no Camiño, podes contactar con nós por teléfono (+34) 683 44 00 22, por WhatsApp ou por correo electrónico a paqmochila@correos.com
- Podo cambiar o destino ou aloxamento que tiña previamente programado?
Para calquera cambio no itinerario, tes que comunicárnolo antes das 21:00 horas do día anterior ao traslado.
- Se non podo iniciar o Camiño, como podo cancelar a miña reserva?
Se non podes iniciar o Camiño, devolvémosche o importe íntegro da reserva. Envíanos un e-mail a paqmochila@correos.com solicitando a devolución.